leoeosseus

domingo, 24 de agosto de 2014

Trixésimo oitavo mes


E a nena segue medrando con pouca cousa comida a destempo despois de teimar co ela. Ten carácter forte e caprichoso pero ten momentos gloriosos de ledicia e cariño que compensan os malos momentos que nos fai pasar. É áxil e atrevida e tamén forte e solta calor día e noite. Esta semana picáronlle dúas vespras ( muitas hai este ano ) e chorou pero case non lle afectou.
No falar está co descontrol de " ayer " que lle vale para todo o pasado anque agora inclúe nese descontrol " martes " e " viernes ". É un chisco zarabeta e outra curiosidade que di é " descués " e " no cuedo " no canto de " después " e " no puedo ". Forma frases longas que rematan por onde empezan e pregunta bastantes cousas. Gústalle cantar e aprendeu anacos longos de cancións de " Xiqui, xoque ".
O pis e a caca lévaos ben esta semana e que o demo sexa xordo. De noite usa cueiro e ás veces pide teta pero cada vez menos.
E así vai.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 25/08/14, 00:52 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

E vai muito bem. Cada criança tem o seu tempo, nem todas avançam com o mesmo ritmo, mas para uma criança com pouco mais de 3 anos está ótima.
O meu Pedro dizia adenota e cabalhau em vez de anedota e bacalhau. E disse-o até aos 5 anos. No resto falava corretamente mas essas duas palavras saíam sempre trocadas.
Um abraço e uma boa semana

 
Ás 26/08/14, 10:40 , Blogger Paz Zeltia dixo...

E que neno ou nena nesa edade non ten caprichos e se enrabieta?

é unha princesiña de conto, que das outras non precisamos máis :(

 
Ás 27/08/14, 16:53 , Anonymous Anónimo dixo...

Medra linda e alegre, como convén. E o da fala tempo haberá a que se corrixa, que seguro que practica sen parar cos seus contos e cancións.
Como di Zeltia: unha princesiña de conto.

 
Ás 27/08/14, 18:55 , Blogger mfc dixo...

Está a crescer linda!
O tempo encarrega-se de melhorar tudo.

Um abraço.

 
Ás 27/08/14, 21:34 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

E logo eu non dixen nada aquí?. Quedaríase namais en intención.
Non vos preocupedes moito polo de que sexa un chisco zarabetiña. Mariano é zarabeto total e mira a onde chegou...

(Tomo nota da expresión "e que o demo sexa xordo")

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio