leoeosseus

domingo, 4 de xaneiro de 2015

Lugueando

 

Fomos esta fin de semana perto de Lugo un grupo de dez entre adultos e nenos.
A casa rural estaba mui ben restaurada.




O interior estaba algo frío e con algún cadro que semellaba que estabamos nun castelo de vampiros pero os cuartos eran quentes e ben amoblados. Tamén había unha saliña acolledora para leriar.


Había algún entre nós que nunca estivera en Lugo así que percorremos a muralla toda e o centro de Lugo coa catedral e as súas tendas do arredor, a praza Maior co seu mercadiño e o seu carro romano para goce dos nenos.


Intentamos xantar nunha cafetaría da praza do Campo pero tardaron en atender o que atenderon e botaron hora e media en dicir que non tiñan xamón para facer un bocadillo.
Menos mal que na praza maior estaba o Canela que atendeu rapidamente ese pan polar que descoñeciamos e outras delicias.
Despois paseamos polo parque Rosalía de Castro e tocou retirada ante o frío que se nos viña encima.
Hoxe xa había unha mañá demasiado neboenta para pasear por Lugo así que nos encamiñamos cara Ourense para montar no tren dos Carrileiros pero chegamos tarde.
Xantamos na Toscana do centro comercial da Ponte Vella e marchamos para Vilaguindastre que Leo tiña un dolor muscular nunha perna e tamén había unha actuación para Xela de Juan D e Beatriz. Cando a fun recoller estaban Juan D e Beatriz preguntando que panxoliña querían os nenos que cantasen eles e houbo unha nena que lles pediu unha do Apalpador que deixou abraiados aos artistas.
E agora toca durmir que mañá hai traballo.
E mañá é víspera de Reis !.

Etiquetas:

3 comentarios:

Ás 05/01/15, 10:48 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Obrigada pelo passeio.
Um abraço e um excelente ano

 
Ás 05/01/15, 12:34 , Anonymous Anónimo dixo...

É posible que até nos cruzásemos. Ese día e máis ou menos a esa hora estivemos a señorita kaplan e eu na terraza do lado. Un saúdo e que os Reis sexan pródigos

 
Ás 12/01/15, 00:00 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Moito te moves! e moitas actividades coñeces para ter sempre activos e con experiencias novas aos teus nenos! Estou sorprendida e párome a pensar se eu levaba ao meu neno a tantos sitios, de seguro que tan a miudo non.

Grazas pola recomendación do sitio para comer en Lugo (hai ben anos que non vou...!)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio